Description

A pesar de ser unha cadeliña moi nova, Pilla sufriu moito na vida. Apareceu abandonada por unha aldea de Arteixo hai xa un tempo, e non foi fácil facerse con ela, pero no refuxio pronto sentíuse segura e tranquila.

É unha cadela moi boa e sociable cos demais cans, non obstante, coas persoas é extremadamente medosa. Pilla nunca nada tivo, todo é novo para ela, e está a aprender case de cero a relacionarse coas persoas. Pero é unha moza lista e aprende con rapidez: aprendeu a camiñar con correa, a non saír correndo cando chegamos, a recibir caricias e mimos diarios…

Sabemos que non será fácil atopar unha familia para ela, pero se aparece a persoa adecuada que lle dedique o tempo e a paciencia que necesita, estamos seguras de que será unha perfecta compañeira.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si