Description

Poty chegou a APADAN coa súa nai Yuna, despois dunha vida de miseria. Pasaron nun metro cadrado de leira varios anos, sen hixiene, nin atención veterinaria, nin ningún tipo de coidados. Din que o que nada sabe, nada dúbida, e para Yuna e Poty, a súa pequena parceliña o era todo. Alí pasaron varios anos ata que unhas persoas empezáronse a preocupar por eles, fixeron todo o posible por sacalos dese lugar e trouxéronos ao noso refuxio.

Poty é case un cachorro que nunca nada tivo, e que aínda non sabe que o mundo está cheo de cousas marabillosas. É tímido con descoñecidos, aínda que el esfórzase por achegarse e ser amable coas persoas que ten preto. Ten moito que ver e aprender, pero con paciencia e agarimo, estamos seguras de que será o compañeiro perfecto.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si