Description

Este bellezón de ollos tenros e sorriso sincero chámase Pris, e é unha auténtica marabilla de cadela. Chegou ao refuxio tras ser recollida dunha aldea cunha camada de cachorros enorme, á que criou como a mellor das nais, pero iso foi fai xa bastante tempo, e agora ela espera con ansia esa segunda oportunidade.

Pris é alegre, obediente, cariñosa, fiel… e todo o bo que poidas imaxinar. Percorrería o mundo enteiro se fixese falta sempre que fose ao teu lado, enchendo de luz os días máis escuros. Pris é desas cadelas fóra de serie, amiga dos seus amigos, que non merece vivir nun refuxio para mellores amigos abandonados.

Se lle abres as portas da túa casa, incorporarás á túa vida unha compañeira perfecta. Un diamante en bruto que non é necesario puír, porque brilla por si soa.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si