Description

Esta pequena de melena despeiteada chámase Quinoa e chegou a APADAN cos seus catro cachorros. Hai tempo que os seus fillos foron adoptados, pero o seu carácter tímido e desconfiado, fixo que de momento siga connosco no refuxio.

Quinoa non é unha cadela das que se achegan ao primeiro de vez, necesita tempo para observarche, cheirarche, e estudarche. Iso si, como vexa a alguén cunha salchicha na man, esquéceselle a análise previa e é capaz de perseguilo ata o fin do mundo. Non sabemos se haberá alguén máis goloso no planeta!

Descoñecemos cal foi a súa vida antes de entrar no refuxio, pero non hai dúbida de que non debeu de ser fácil. En APADAN todo é novo para ela, non sabe absolutamente nada de bos modais, aínda que está aprendendo a camiñar con correa.

Quinoa non será boa compañeira para familias con présas nin inexpertas, pero cun pouquiño de paciencia, será incapaz de resistirse á boa vida nun fogar.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si