Description

Este forellas tan orixinal chámase Ralph, apareceu abandonado nun pobo hai xa algún tempo, onde tivo que buscarse a vida ata que puidemos facerlle un oco en APADAN. Pero a Ralph a vida na rúa non lle deixou ningún trauma nin inseguridade, é un can todoterreo disposto a adaptarse a calquera situación que lle veña na vida.

Ralph é pura enerxía, un can adulto pero aínda novo, perfecto para persoas activas, a quen lles guste pasear a diario e teñan ganas de axudar a un can con pilas inesgotables. Convive moi ben con femias, pero non tanto con machos. Nos paseos, pasea estupendamente con correa, e sempre está disposto a botarse unhas carreiras.

Se che gusta pasear polo monte e facer exercicio, Ralph é o can perfecto para acompañarche. Estamos seguros de que se converterá no teu mellor amigo de aventuras.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si