Description

Rancho e a súa compañeira Cesa chegaron a APADAN despois de quedar sós nunha finca. Viviran xuntos desde sempre, pero cando o seu dono faleceu, ningún familiar nin coñecido quixo facerse cargo deles. Nunca sabes ata que punto pode cambiarche a vida nun abrir y pechar de ollos…

Agora ambos viven no noso refuxio, compartindo canil con outros cans cos que se levan estupendamente porque son mozos moi bos e tranquilos. Rancho é o máis botado para diante, extrovertido e curioso, o primeiro en achegarse á porta cando entras ao seu canil. É deses mozos equilibrados e serenos, que se conforman co pouco que podemos ofrecerlle.

Este mozo educado e de bos modais está a desexar ter unha segunda oportunidade, se queres un compañeiro de aventuras activo nos paseos e tranquilo na casa, Rancho é o can perfecto.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si