Description

Esta beleza de animal chámase Rex e é un pastor de 9 anos de idade que chegou a nós nunhas condicións desastrosas despois de toda unha vida sendo o último elo dunha terrible cadea. Era apenas un esqueleto mal abrigado por un doloroso pelello tan enfermo como el, e coas unllas tan longas que non lle permitían camiñar.

Rex leva toda a súa vida pasando de man en man, mans das que atan e desprezan, non coñecía as mans amables que acariñan, coidan, consenten e respectan. Tivo que vir parar cos seus cansos ósos a un refuxio abarrotado de desgraciadiños como el para coñecer ao fin o amor.

Atado á súa cadea era o can máis solitario e triste do mundo, seguro que soñando con romper a súa atadura e coñecer ese mundo cálido e cómodo que podía ver alén dos cristais. Xa nunca máis vivirá nesa desgarradora soidade que supón unha morte en vida.

Rex é sociable, bo, nobre, atento, decidido, e extraordinariamente leal e intelixente como bo can pastor. A pesar de non ser un can noviño, goza dunha vitalidade e ánimo envexables. Queda o mellor da súa vida por diante e el sábeo. Malgasta alegría, ilusión e esperanza. É un can bo con moito que ofrecer que está a desexar coñecer o que é ter unha familia de verdade e abandonar ao fin a súa longa soidade.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si