Description

Rex é un canciño moi novo que chegou ao refuxio con 6 meses. Non chegou só, acompañábao o seu irmán  Casper, que tivo a sorte de ser adoptado ao pouco tempo de entrar no refuxio.
Rex é un can tímido e medorento, dos que custa ver polo patio cando hai visitas. A falta de socialización temperá e o seu carácter  introvertido fixérono “invisible” para moitas persoas, pero os que o coñecemos máis a fondo, sabemos que é un can extraordinariamente cariñoso con moito que aprender e vivir. Con  Rex non valen as présas, necesita unha familia paciente que o entenda e escoite, con el haberá que ir moi amodo, pero con tempo e paciencia gañará un amigo entregado e agradecido para toda a vida.
Como se adoita dicir, hai seres con estrela e outros que nacen estrelados. Ata o de agora a  Rex non lle sorriu a vida. Queres ser ti a súa boa estrela?

Sexo:

Macho

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si