Description

Esta cariña simpática pertence á orixinal Ría, unha cadeliña que chegou ao noso refuxio xunto con varios cans máis, procedentes dunha casa onde o número de animais aos que tiñan capacidade de atender dignamente fóiselles das mans hai tempo. Agora, tanto Ría como os seus compañeiros, poden empezar a soñar con ter a vida que sempre mereceron.
Ría é unha cadela bastante pequena que rebosa amor por todos os seus poros. Non hai criatura máis entregada nin cariñosa que ela no mundo enteiro. Está a custarlle adaptarse ao refuxio porque, dada a súa vida anterior, ve un competidor en cada can co que ten que compartir “cama e mantel”. É unha cadela “de xente”, non pode comprender que pinta unha señorita como ela vivindo entre tanto can.
Se buscas unha compañeira: valente, sociable, decidida, activa, zalamera, simpática, lista e esaxeradamente agarimosa, Ría é perfecta para ti. Está desexando abandonar a súa vida de refuxio para compartir sofá con alguén que comprenda que ás veces un can pode ser máis “persoa” que moita xente.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si