Description
Hai uns meses chegaban a nós, desde a provincia de Ourense, 11 cans provenientes dun caso de síndrome de Noé. Ao principio serían probablemente moi poucos cans pero, ao non estar esterilizados, pronto a cousa se descontrolou. A intención dos seus humanos seguramente non era facerlles dano, pero fixéronllo porque estes pobres acabaron malviviendo encerrados, hacinados e nunhas condicións pésimas.
Deses 11 cans, Robin é o que traía a maleta rebosante de medos. Custounos semanas achegarnos sen que fuxise ante a nosa presenza. Ao entrar no seu canil era visto e non visto, rápido escondíase debaixo dos berces, o seu refuxio máis prezado. Pero este xoven chamado Robin que hoxe vive connosco é outro can, aínda con moitos medos, pero nada que ver co pequeno asustadizo que entrou pola porta do refuxio.
Robin é o can máis doce e comestible do mundo enteiro. Excede inocencia por todos os poros da súa pel, é bo e amable con todos os cans do refuxio, e non sería capaz de meterse en leas nin aínda que o obrigasen a facelo. E é que o seu corazonciño inseguro é puro amor!
A persoa que lle abra as portas da súa casa terá que comprender o seu pasado. Necesita moito tempo e paciencia para terminar de curar as súas feridas, sen présas, pero sabemos que en canto abra o seu corazón de pao a pao, será o compañeiro perruno máis bo, cariñoso e nobre que ninguén vise neste mundo.