Description

Hai uns meses chegaban a nós, desde a provincia de Ourense, 11 cans provenientes dun caso de síndrome de Noé. Ao principio serían probablemente moi poucos cans pero, ao non estar esterilizados, pronto a cousa se descontrolou. A intención dos seus humanos seguramente non era facerlles dano, pero fixéronllo porque estes pobres acabaron malvivindo encerrados, hacinados e nunhas condicións pésimas. Deses 11 cans, chegou Rosita a APADAN, unha xoven alegre, simpática, activa… e ata un pouco aloucada! Algo tímida cando non coñece, é unha explosión de amor en canto se sinte segura… só tes que dedicarlle un pouquiño de tempo para que ela se entregue en corpo e alma!

Rosita non coñece nada do mundo e mírao continuamente con ollos novos. Con ela é necesario ir despaciño, ensinándolle as cousas boas da vida con paciencia e agarimo. Estamos seguras de que en nada se converterá na compañeira perfecta de xogos e camiñadas.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si