Description

Este raparigo de orellas longas chámase Ross e é todo un bulebule. Chegou ao refuxio co seu irmán “xemelgo” Chandler, dúas figuras que como os protagonistas da serie ‘Friends’, naceron para facernos rir. Dous cómicos cuxo único obxectivo na vida é divertir e divertirse, saltar, correr, xogar… hai moita enerxía neses corpos!

Din que a adolescencia é unha das peores épocas, pero Ross e Chandler están no mellor momento da súa vida, teñen a idade perfecta para aprender e converterse en señoritos educados e refinados (ou igual isto último é pasarse ). Dúas almas que están a desexar ampliar horizontes, coñecer cidades, ir de terraceo, de excursión, praia ou montaña, seguro que non terán problema na elección, só necesitan atopar un compañeiro humano de aventuras. Poden adoptarse xuntos ou por separado, non vivirán ningún trauma se os seus camiños sepáranse.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si