Description

Esta beleza de aspecto tan pillo e simpático chámase Sardiña. Chegou a nós sendo moi nova e pronto atopou a unha familia que lle abriu as portas do seu fogar, pero por motivos alleos a ela, un ano e medio despois viuse obrigada a volver ao refuxio.
Sardiña segue sendo a mesma cadela boa e nobre que un día marchou de APADAN, pero á súa alma fáltalle luz. Volver ao refuxio despois de coñecer a calor dun fogar, non está a ser fácil para ela. É unha cadela extremadamente sensible, apegada e cariñosa, e bota moito de menos vivir en familia.
Sardiña é ademais unha cadela moi vital á que o refuxio se lle queda pequeno, saír ao paseo é a súa maior obsesión, necesita pasear como o aire que respira. Se es unha persoa rueira desas ás que o fin de mundo, sexa cando sexa, seguro que non a vai a pillar en casa, Sardiña é a compañeira perfecta para ti, non hai animal no ancho mundo que goce máis que ela dun bo paseo, seguiría ao seu acompañante sen dubidar ata os confíns da terra. Embárcate con ela nunha viaxe que dure toda a vida.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si