Description

Se tivésemos que falarvos dun dos cans máis alegres e sociables que viven en APADAN neste momento, sen dúbida Simón estaría entre os primeiros candidatos. Listo e intelixente como ningún, simpático, e ata algo “payasete” son o seu signo de identidade.

Chegou ao noso refuxio tras ser recollido da rúa por unha persoa que o atopou perdido hai xa un tempo, e desde entón adaptouse a todo, porque non o hai máis todoterreo!

Simón é un can de tamaño pequeno e pelo curto, pode vivir perfectamente tanto en piso como nunha casa con leira, con nenos, adultos, avós… El o que necesita é unha boa compañía, moitos paseos e xogos, e que non se cansen nunca de acariñalo. En canto ten oportunidade, sóbeseche no colo e é case como un pequeno gatiño. Só lle falta ronronear!

Sexo:

Macho

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si