Description

Sintra chegou a APADAN despois de vivir un ano nunha macrocanceira. Coñecemos o seu caso porque varias persoas solicitaron axuda a través das redes sociais: unha cadela que vivía aterrorizada, que non saía nunca do canil se había un humano preto, e que, segundo as súas palabras, poucas veces viran un terror tan grande nos ollos dun can. A súa mirada partiunos o corazón, así que rapidamente ofrecemos a nosa axuda para sacala dese lugar e trasladala a APADAN.

Nestes 20 anos de traballo, coñecemos casos e casos de cans “complicados”, moitos continúan a día de hoxe no noso refuxio porque fixeron de APADAN o seu fogar, e sabemos que será case imposible que algún día coñezan a calor dun fogar… pero o día que Sintra entrou pola porta, soubemos ao momento que ela non era un caso difícil, traía unha equipaxe chea de medos e inseguridades, pero a súa mirada e o seu corpo falaban, dicían alto e claro que, cun pouquiño de tempo e dedicación, o seu futuro estaba cheo de esperanza.

A súa adaptación foi totalmente incrible, moitísimo máis rápida do que esperabamos, e pronto nos entregou o seu corazón e toda a súa confianza. Hoxe Sintra está máis que preparada para saír en adopción, aínda que sempre será unha cadela tímida, é alegre, juguetona, simpática, doce, delicada, cariñosísima… que nos come a bicos cada vez que entramos no seu canil, porque a besucona, non hai quen a gañe! É unha marabilla de cadela, un ser especial, unha alma pura que, nas mans adecuadas, darao todo por entregar o seu amor.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si