Description

Este mozo tan guapo chámase Suky e chegou a APADAN despois de vivir cunha familia que, por razóns económicas, non puido seguir facéndose cargo del. Suky é un can excepcional en todos os sentidos, tranquilo, bonachón, obediente… que nunca se imaxinou estar a vivir nun refuxio para mellores amigos abandonados. É un animal tan intelixente que ás veces nos preguntamos que estará a pensar cando nos mira.

Suky é deses cans modelo que todo o mundo querería ter, un animal puro e inocente, que aínda que tropezase 500 veces na mesma pedra, xamais verías nel nin chisco de maldade, porque está cheo de agradecemento cara ás persoas.

É sociable coas demais cadelas coas que comparte canil, coas que ten unha paciencia infinita. Mesmo coas máis aloucadas que queren xogar con el e non o deixan en paz, el sempre está de bo humor.

Suky é un can especial que necesita unha familia tan especial como el. Anímaste a coñecelo?

Sexo:

Macho

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si