Description

Esta orelliñas tan guapa chámase Tanza e, a pesar de vivir o abandono, é unha cadela extremadamente sociable, cariñosa e alegre. Como boa beagle, é unha cadela moi lista, sempre atenta a cada movemento, e non hai detalle que se lle escape en todo o refuxio.
Tanza é unha cadela todoterreo que podería adaptarse tanto a un piso como a unha casa con xardín. Encántalle os paseos polo monte, encántalle a xente, encántanlle os cans, Tanza é unha cadela que vive para vivir, disfrutona dos pequenos momentos, sen pensar en máis nada que o presente.
Se queres compartir a túa vida cunha moza divertida, simpática e enérxica, Tanza está a esperarche en APADAN!

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si