Description

Está señorita é a nosa querida Tea❤️, un anxo sen ás, deses que camiñan pola Terra sen molestar nin queixarse de nada. Ela é todo tenrura e bondade, unha cadela excepcional que desprende gratitude e amor a partes iguais.

Tea chegou a nós hai xa varios anos, cando era un bebé de poucos meses, foi adoptada ao pouco tempo, e viviu durante 10 anos nun fogar. Hai poucos días o seu corazón rompeu en pedaciños, porque por cuestións de forza maior, tivo que volver ao refuxio.

Por achaques da idade, Tea ten os xeonllos e a cadeira moi deterioradas, e aínda que xa está con tratamento, o refuxio non é o mellor dos lugares para unha cadela maior e con estas doenzas. Só nun fogar poderá gañar anos e calidade de vida.

Tea é de tamaño grande (pesa 34kg), ten moi bo carácter e lévase ben tanto con machos como con femias. É súper lambona, cariñosa como ningunha, e encántalle compartir espazo e tempo con outros cans. Tea merécese o mellor dos fogares para unha xubilación quentiña e digna, dentro dun fogar.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Grande

Edad:

Senior

Esterilizado:

Si