Description

Este chico tan guapo chámase Teddy e chegou a APADAN despois de vivir un tempo nunha casa, onde nunca foi considerado como un compañeiro ou un membro máis da familia, senón como un simple obxecto. O seu dono pronto quixo desfacerse del, ata que unhas persoas o recolleron e buscaron un mellor futuro para el no noso refuxio.

Se tivésemos que definir a Teddy en dúas palabras diríamos sen dúbida que é ‘puro nervio’. É un can noviño, activo, xoguetón, e moi sociable. Teddy non ten traumas nin pena algunha, é un alma libre e chea de vida que quere gozar ao máximo cada momento.

Teddy é cariñoso e sociable, mais en ocasións algo ansioso. Necesita atopar unha familia activa, que lle guste camiñar e facer actividades ao aire libre, el estará encantado de acompañalos nesta viaxe que é a vida.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si