Description

Tina chegou ao refuxio cando era un cachorro de apenas 4 meses. Non chegou soa, viña cunha irmá moi parecida a ela que pronto atopou fogar. Pero Tina quedouse con nós e foron pasando os días, ata converterse en anos, e a cariñosísima Tina continúa no refuxio esperando por esa familia que non chega.

Tina é unha cadela atigrada moi guapa e orixinal, un deseño exclusivo que non se parece a ninguén, é ademáis unha criatura moi alegre, obediente, lista e cariñosa. É unha cadela moi vital, ten moita enerxía e por veces é algo ansiosa de máis, non pode convivir con femias, e só lle gustan algúns machos, pero é unha criatura sumisa e cariñosísima que sería excepcional como “filla” única, non daría ningún problema porque é extraordinariamente dócil e doce coas persoas.

Tina é unha cadela moi cariñosa e cun corazón enorme, o refuxio é unha cárcere para animais con tanto que ofrecer, necesita moito máis do que nós podemos darlle. Sabemos que é difícil que esta pequena atope o fogar que sempre mereceu pero sería imperdoable pola nosa parte non intentalo, porque sabemos que se se lle da a oportunidade poderá demostrar o estupenda e especial que realmente é.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si