Description

Se hai un can que se mereza como ninguén atopar un fogar, ese é Truco. Abandonado durante anos nun pobo da provincia de Ourense, case perde a vida a consecuencias do abandono. O estado físico que traía cando chegou a nós era o dun animal exhausto, extremadamente delgado, nin un centímetro de pel sa había no seu corpo canso! Os veterinarios diagnosticáronlle sarna e leishmania, esta última unha enfermidade crónica non contaxiosa que, polo xeral, cun bo control veterinario, permite facer vida totalmente normal. Pero o peor de Truco non o traía no seu corpo, senón na súa alma, tal era o seu estado de pánico, que apenas podiamos achegarnos a el, consecuencia de anos de escuridade, dor, indiferenza, abandono e miseria.

Truco chegou sendo un can roto física e emocionalmente. Non coñeceu outra cousa na súa triste vida que dor e rexeitamento. E con todo, varios meses despois, o seu corpo recuperou case por completo, e ata se alegra de vernos cando chegamos ao refuxio. Truco afíxose aos nosos coidados e caricias, aprendeu a camiñar con correa, e aínda que lle custa achegarse aos descoñecidos, empeza a confiar naquelas que estamos cada día ao seu lado.

O noso traballo con el está a chegar ao seu fin. Agora tócache a ti, familia, terminar de curar as súas feridas. Truco necesita os coidados de persoas pacientes, con tempo e comprensivas, que lle axuden a superar a dor que aínda lle queda dentro. Estamos seguras de que en canto perda todo ese medo coas persoas adecuadas, será o can máis cariñoso do mundo enteiro.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si