Description

Esta cadela de cor tan orixinal chámase Ursa e é unha das criaturas máis doces e boas que pasaron por APADAN. Utilizada toda a súa vida como ferramenta de caza, chegou ao noso refuxio totalmente deteriorada, pero cos coidados veterinarios adecuados e o agarimo de todas as voluntarias, foise recuperando.
Ursa é deses seres que teñen unha luz especial, que sería capaz de iluminar un planeta enteiro tan só cos seus ollos. De aparencia delicada como unha flor e silenciosa como o vento, o seu corazón é forte como a mellor das guerreiras.
O seu corazón roto non é apto para persoas impacientes, Ursa necesita unha familia que a apoie e a axude a recuperar a confianza que un día lle arrebataron para voar ben alto.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si