Description

Esta avoa tan simpática chámase Val e leva xa uns cantos anos connosco, tras ser recollida nun monte próximo ao refuxio, vagando nunhas condicións horribles. Viviu durante un par de anos acollida nun piso cunha familia, pero circunstancias alleas a ela fixeron que volvese connosco. A pesar de vivir de todo, Val nunca perdeu a confianza no ser humano, e ata cando viviu na rúa, chamaba a atención porque se achegaba a todo o mundo buscando axuda.

Val é unha criatura encantadora, unha cadela boa, obediente, sociable, cariñosa, tranquila, e nobre. Ten unha forma moi particular de pedir atención achegándose prudentemente, cun respecto case excesivo, mirándoche aos ollos, e cando a agarimas un pouco, mírache tan incriblemente sorprendida que non podes evitar emocionarte. Como boa avoa, lévase ben cos demais cans, é tolerante e nunca se mete en líos. Ademais, está sempre moi atenta a todo o que pasa porque é moi curiosa e lista.

Val é unha cadela moi fácil de querer e que se merece enormemente unha nova oportunidade. Se buscas unha compañeira tranquila, obediente e cariñosa, Val é a compañeira perfecta.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Grande

Edad:

Senior

Esterilizado:

Si