Description

Hai cans: cariñosos, alegres, entregados, entusiastas, sociables… E moito máis alá está Vela, a cadela máis rebosante de amor do mundo enteiro!

Vela é como unha supercachorra. Na súa cabeciña só hai sitio para cousas boas. Todo lle gusta, todo lle vale e todo lle aproveita. Encántalle a xente, os outros cans e o mundo en xeral. Ela naceu para ser feliz, ese é o seu único obxectivo, todo o demais dálle igual.

Vela é unha festa constante. Inocente, sensible, entusiasta e efervescente. Unha forza da natureza con enerxía para exportar. Cun corazón tan grande que podería albergar mundos enteiros. Un brillante bulebule que reparte alegría e fai amigos por onde queira que vai.

Ten tanto afecto que dar que se acumula no seu interior como o gas dunha gasosa. Infinitas burbullas de amor brotan desta cousa pequena cando lle quitas a “tapa”.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si