Description

Hai uns meses chegaban a nós, desde a provincia de Ourense, 11 cans provenientes dun caso de síndrome de Noé. Ao principio serían probablemente moi poucos cans pero, ao non estar esterilizados, pronto a cousa se descontrolou. A intención dos seus humanos seguramente non era facerlles dano, pero fixéronllo porque estes pobres acabaron malviviendo encerrados, hacinados e nunhas condicións pésimas.

De todas as femias da manada, Vio é unha das máis tímidas e medorentas. É prudente, insegura, e camiña sempre con precaución, observando este novo mundo que se abre ante os seus ollos con mirada temerosa. A pesar das súas inseguridades, Vio é unha cadela cariñosa que só necesita tempo, paciencia, e atención. Se es unha persoa tranquila, que non ten présa de que as cousas saian ben, Vio será unha lapiña perfecta, en canto colla confianza.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si