Description

Estes ollos tan doces pertencen a un can do noso refuxio chamado Vito. Vito é un can espectacular cun corazón enorme. Un animal profundamente bo, nobre, obediente, sensible, tranquilo, agarimoso ata a esaxeración, equilibrado e seguro de si mesmo.

Vito sabe pasear moi ben con correa, non ten medos nin traumas de ningún tipo, encántalle a xente en xeral e é extraordinariamente afectuoso. Está sempre atento para saber que é o que queremos del, é un animal moi solícito que só busca agradar e que lle queiran.

Sabemos que o seu tamaño pode facer máis difícil que atope pronto un fogar pero en realidade é un can moi fácil para vivir con el. Vito é todo corazón, necesita afecto como o aire para vivir, se derrite por unhas caricias e está constantemente pendente e buscando compracernos.

Vito é inocente como un cachorro grande, será o mellor amigo posible para a afortunada familia que decida abrirlle as portas do seu fogar.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si