Description

Esta can chámase Winnie e leva máis de 11 anos con nós. Chegou ao refuxio con apenas 2 días de vida, cos olliños aínda pechados, e aínda segue aquí…, abriu os ollos ao mundo nun refuxio e, se non conseguimos atopar a ninguén que queira darlle unha oportunidade, tamén os pechará por última vez nel.

Winnie é fillo dunha cadela de caza abandonada, chamada Canela, que entrou en APADAN con 9 cachorros recén nacidos. Todos eles, incluso a nai, atoparon familia fai moito tempo, pero a este infeliz, abandonado incluso antes de nacer, parece que lle caera unha cadea perpetua, a pesar de non facer nada malo en toda a súa vida.

Winnie ten un nulo coñecemento do universo alleno ao refuxio, é por iso que é tímido con persoas descoñecidas, non é apropiado para impacientes ou buscadores de amores instantáneos, pero cando ten algo de confianza é o can máis doce, cariñoso, tranquilo e leal do mundo enteiro. O tempo perdido xa é irrecuperable, pero o futuro aínda pode ser seu.

Pola súa avanzada idade, está dispoñible en acollida permanente. Ti só tes que poñer a túa casa e o teu cariño, APADAN faise cargo dos seus gastos veterinarios para sempre.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si