Description

Carrot chegou ao noso refuxio xunto a outros 3 cans dun terrible caso de amontoamento nunha casa dun pobo de Pontevedra. Unha casa cuxos donos, querendo axudar a cans que se atopaban abandonados, acabaron xuntando baixo o seu teito a ao redor de 70 animais nunhas condicións hixiénico-sanitarias espantosas.
Carrot entrou aterrada, apenas deixaba que ninguén se lle achegase, pero co paso dos días foi collendo confianza e pouco a pouco puidemos gañarnos a súa amizade.Carrot é unha cadeliña tímida cando non coñece, pero tremendamente entregada e cariñosa cando sente segura. É unha das cadelas máis simpáticas de todo o refuxio e das máis “faladoras”. Agora que aprendeu a camiñar con correa, encántalle saír de paseo polo monte.

Carrot é boa e sociable cos demais cans. Amiga dos seus amigos. Quizais sexas ti esa man humana que ela necesita.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si