Description

Outra das nosas avoas estrela é Cascarilla, unha grifonciña doce e agradecida que un día foi abandonada e hoxe está en APADAN tentando atopar o seu lugar no mundo.

Cascarilla é unha cadela extremadamente sociable e agarimosa, pendente de todo ser humano que se achegue a APADAN, sempre disposta a dar un paseo co primeiro voluntario que se ofreza a sacala polo monte. É tranquila como toda avoa debe de ser, sempre atenta aos nosos movementos, sobre todo cando nos ve con comida, non hai bocado que se lle escape.

Cos demais cans é sociable e respectuosa, non lle gustan os conflitos, e non sería capaz de facer dano a ninguén.

Cascarilla necesita unha vida serena e cómoda que no refuxio non podemos darlle. Os seus osos empezan a estar cansos e o frío e humidade do refuxio non son as mellores condicións para unha cadeliña da súa idade. Ti só tes que poñer a túa casa, APADAN faise cargo dos seus gastos veterinarios para sempre.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Senior

Esterilizado:

Si