Description

Trosky é un cruce de beagle con pastor de tamaño mediano, chegou a nós despois de pasar media vida cunha familia, pero polo estado de saúde da súa dona, viuse obrigado a vivir nun refuxio para mellores amigos abandonados.

Trosky é un canciño maior, de 10 anos, tímido con descoñecidos, cariñosísimo e entregado cando colle un pouco de confianza. É deses cans que pasan totalmente desapercibidos para as visitas, xa sexa polo seu tamaño, polo seu aspecto físico ou polo seu carácter introvertido, nunca ninguén se fixou nel. Con todo é un can que ten unha luz especial, doce como ningún, bo, silencioso, ao que non lle gusta meterse en leas. A súa filosofía é vive e deixar vivir.

Polo seu carácter medorento, non o vemos adecuado para familias con nenos. Trosky necesita unha vida tranquila, sen moito trafego de xente, con persoas que lle devolva a confianza e a seguridade que un can necesita.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si