Description
Calquera diría que Once é irmán de Pedrín e Petín (outros dous refuxiados) porque son fisicamente iguais. E é posible que así sexa, aínda que non entrasen xuntos no refuxio, os tres comparten unha vida de abandono e miseria.
Once é un crucede podenco que apareceu hai un tempo por un monte preto do noso refuxio. Unha colaboradora sacouno da rúa e acolleuno durante un tempo na súa casa, ata que quedou un oco en APADAN.
Como canciño novo, é alegre, simpático, activo, cariñoso, e con moitas ganas de agradar. Encántalle xogar e saír de paseo. É un cu inquieto! Mires onde mires, el sempre está por medio! :-)
Se estás a buscar un amigo que che acompañe nas túas aventuras, non busques máis! Once é o compañeiro perfecto!
Sexo:
Macho
Tamaño:
Pequeño
Edad:
Adulto
Esterilizado:
Si