Description

Balea é unha mestiza de beagle que non chegou soa ao refuxio, fíxoo acompañada dos seus cachorros, aos que coidou como boa madraza durante o tempo que a necesitaron. Todos os seus fillos foron adoptados, pero o carácter tímido e desconfiado de Balea, fixo que quedase connosco ata o momento.

Balea é unha cadela moi nova, activa e alegre, sociable con todos os cans, pero medosa con descoñecidos. A vida no refuxio tampouco lle está axudando a superar as súas limitacións, e aínda que ela esfórzase, o certo é que lle custa moito achegarse a aqueles que ve por primeira vez.

Balea non é apta para persoas con présas, senón para aqueles que teñan tempo e paciencia para tratar a unha cadeliña destas características. Sabemos que será unha cadela estupenda no momento que colla confianza, como o é connosco, unha falderilla que necesita un pequeno empuxón para lanzarse á vida que sen dúbida a está esperando.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si