Description
Boss é un mangallón inocente e bonachón que pasou toda a súa vida encerrado nun zulo onde apenas podía moverse. A súa alma de neno pasou o mellor da súa vida engaiolada, soñando con que algún día sairía daquel inferno. E foi grazas a unha denuncia que Boss puido saír daquel lugar e empezar de novo.
Boss é un ser tan grande por dentro como por fóra. Se o miras aos ollos sen mirar o seu físico poderiamos dicir que esta mirada é a dunha persoa namorada, e así é dalgunha maneira. Boss mírache embelesado, esperando que lle fagas caso un ratiño, que o acariñes, que xogues con el, que lle axudes a ser de novo un can “de casa”. Son tan grandes as súas ganas de atopar a unha persoa que poida facerlle sentir único, que en parte non podemos evitar sentirnos culpables de non atopala.
Se estás disposto a mirar a Boss da mesma maneira que el o fai… ven a coñecelo!