Description

Flavio é un can moi noviño que chegou ao refuxio con pouco meses, xunto ao seu irmán Carlo. Ningún dos dous tivo a sorte de atopar un fogar, así que creceron coa familia apadana rodeados de cans e o agarimo das voluntarias. A contorna reducida do refuxio fixérono un can tímido con descoñecidos, pero moi sociable e cariñoso cando colle confianza.

Flavio é un can aínda moi novo con moito mundo por descubrir. Necesita a unha familia paciente e con poucas présas que lle faga entender que a vida é moito máis bonita máis aló dos muros do refuxio.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si