Description

Grapa chegou a APADAN con apenas 5 meses. Descoñecemos as circunstancias exactas polas que apareceu abandonada, pero o máis probable é que nacese na rúa, lonxe de calquera contacto coas persoas, herdando os consellos e experiencia das boas nais: non achegarse aos descoñecidos. Ese pasado tan arraigado na personalidade de Grapa, unido á contorna tan reducida do refuxio, fixeron dela unha adulta extremadamente desconfiada.
Grapa é unha cadela moi nova, unha adolescente inofensiva que vive tranquila en APADAN, sae de paseo a diario, xoga e divírtese cos seus compañeiros de canil, pero ás persoas que non coñece, cústalle un mundo achegarse.

Hai vidas rotas que nunca chegan a perdoar do todo aos humanos, pero conseguen superar os seus medos na contorna adecuada. Quizá sexas ti a familia que ela necesita para atopar o seu lugar no mundo.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si