Description

Este pequerrecho é o exemplo prototípico do que ocorre cando as femias viven abandonadas na rúa sen que ninguén as axude: os seus cachorros, os que sobreviven, crecen sen contacto con persoas e cunha pésima socialización, o que lles converte en hóspedes de refuxio, no mellor dos casos, durante o resto da súa vida.

Jerry é un deses casos, e aínda que vive relativamente feliz no refuxio, encantaríanos que un día atopase unha oportunidade de ter un bo fogar. Por agora non está preparado para iso.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si