Description

Esta  cariña tan doce pertence a unha  integrande do noso refuxio chamada  Mega. Chegou a nós xunto con varios cans máis, procedentes dunha casa onde o número de animais aos que tiñan capacidade de atender dignamente fóiselles das mans hai tempo.
Mega é unha  perriña moi nova que pouco coñeceu desta vida. O pouco contacto co exterior da súa vida anterior fixérona moi tímida e esquiva, e o seu corpo está cheo de medos e inseguridades. Camiña xenial con correa e cos demais cans é respectuosa e sociable, pero coas persoas, cústalle moitísimo coller confianza.
Mega ten moito que aprender e moitas experiencias por vivir. Con ela non valen as présas, pero con agarimo e moitas doses de paciencia, estamos seguras de que atopará un futuro mellor.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si