Description
Este bellezón chámase Oby e é un pastor aínda novo ao que circunstancias da vida levaron a acabar no noso refuxio. A pesar de que vivir nunha protectora de animais non é o que ningún can quere, Oby é un incurable optimista que tenta ser feliz custe o que custe. Non hai can máis guapo, obediente, sociable, doce, nobre, leal, listo e cariñoso que el no mundo enteiro. Non se pode dar un paso polo refuxio sen levar a Oby pegado ás túas pernas. Sempre esperando un sinal e desexando agradar.
Din que os cans non saben, que non entenden o que pasa, pero si que entenden máis do que podería pensarse. El sabe que un vínculo moi importante para el rompeuse e iso ponlle triste, pero tamén sabe que a solución non está en lamentarse senón en buscar outro amor no que volver confiar e ao que entregar o seu tenro corazón de can. Devólveche a mirada como preguntándose se serás ti o próximo amor da súa vida. Serás ti…?