O centro comercial The Style Outlet Coruña aposta pola convivencia de mascotas e persoas en calquera ámbito, permitindo o acceso de cans ao centro comercial. Este mes celébrano ao grande e nós sumámonos a esta celebración acudindo os sábados 21 e 28 de maio para informar acerca da adopción de novos amigos, actividades da asociación, modos de colaborar, recollida de donativos, etc.

Se queres pasar a coñecernos, informarte do proceso de adopción, ou colaborar coa asociación, esperámosvos en horario de 18 a 20 h. en Style Outlet Coruña! (Av. Alvedro, 5 – Culleredo). 

Grazas por pensar en eles!!