O pasado mércores, 19 de xuño, o Conservatorio Profesional de Música da Coruña organizou un concerto solidario de fin de curso a favor de APADAN. Unha tarde de música coas agrupacións de grao elemental do centro (alumnado de 8 a 12 anos) que puxeron todo o seu talento para axudar aos cans que temos no noso refuxio.

Durante o acto, recollemos unha gran cantidade de donativos de comida húmida, e demos a coñecer o labor da asociación entre as familias. Moitas grazas a Laura Borrajo pola organización e ás persoas que o fixeron posible, sen esquecer a todos e cada un dos participantes e asistentes ao concerto. Os nosos cans son afortunados por tervos ao seu lado!