O vindeiro sábado, 15 de xuño, en horario de 11 a 14 h. e de 17 a 20 h., as voluntarias de APADAN visitarán a tenda de produtos para mascotas Tiendaminal de Oleiros co fin de recoller donativos que os clientes desexen aportar para o mantemento dos cans acollidos nas nosas instalacións, ademáis de informar da labor que realizamos desde a protectora.

Para as persoas que queiran botarnos unha patiña, informamos que os produtos que máis se necesitan neste momento no refuxio son latas de comida húmida de can adulto (de calquera tipo), e tamén de dieta (hipoalerxénicas ou gastrointestinais, xa que temos varios cans con problemas crónicos que requiren ese tipo de alimentación). Os cans tamén agradecen galletas e chuches, ou desparasitadores, sobre todo nesta época do ano (tanto internos como externos).

Coma sempre, estaremos encantados de recibir visitas dos nosos apadanos adoptados, ou de calquera persoa que lle apeteza achegarse e solicitar información do traballo que realizamos.

Esta non será a única visita que faremos este ano a Tiendanimal, xa que o establecemento incorporou a APADAN ao programa anual de recollida de donativos que mantén ao longo do ano. A próxima visita será o sábado, 13 de xullo.

Esperámosvos no Parque Comercial Oleiros (Avda. das Mariñas, N-VI km. 585)!