Description

Arte é unha das cadelas do refuxio que máis goza e fai gozar dos paseos diarios. Sempre correndo para explorar os camiños, mais sen separarse moito do  grupo, ao que volve cada puoco cunha cara de felicidade que nos alegra aos que lembramos o medo e a desconfianza coa que chegou ao refuxio.

Arte leva xa varios anos con nós, mais o medo aos descoñecidos fixo que aínda siga aquí. A súa falta de socialización e desconfianza, fanna invisible para as visitas, ela é o que quere e escolleu, e nós a respetamos.

A familia que se fixe nela ten que ser moi especial, Arte non é apta para calquera, e aínda que pareza duro dicilo, quizáis xa escolleu o seu destino.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si