Description

Este amorciño podenco chámase Dado e leva xa varios meses connosco, tras unha vida de abandono e miseria.

Dado é un can aínda novo que sempre ten ganas de “festa”. Sempre alegre como un neno saltando nun charco. É inquieto, xoguetón, gústanlle moito os outros cans e encántalle saír de paseo.

Coa xente é un constante “quero e non podo”; connosco xa ten bastante confianza, pero aínda cando ve que vas achegarche para poñerlle a correa tómbase e queda inmóbil, coma se temese que as mans que se achegan puidesen querer facerlle dano. El non sabe que as mans que fan dano xa nunca poderán tocarlle.

Dado, como todos os podencos, é un can extraordinariamente listo, sensible e divertido, aínda que tímido e medorento, así que terás que empezar por gañar a súa confianza. Non será imposible, pero terás que armarte de paciencia e comprensión. El será a mellor recompensa.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si