Description

Lúa chegou a nós xunto a Bobby (xa adoptado) despois de vivir nunhas condicións desastrosas. Grazas á denuncia dunha persoa, a implicación das nosas compañeiras de Iniciativa Dignidade Canina e tras presentarse as autoridades no lugar, o dono dos animais acabou cedendo a Lúa, Bobby e 8 ovellas que se atopaban en moi malas condicións e das cales se fixeron cargo as nosas compañeiras de Vacaloura.

Unha vez chegados ao refuxio puxémonos ao choio e, tras pasar polo veterinario, medicalos durante semanas e darlles unha boa alimentación, Bobby e Lúa recuperábanse e volvían ser eses marabillosos cans que sempre deberon ser. Desgraciadamente Lúa non só tiña a pel danada, senón tamén o corazón, esas feridas que son máis complicadas de sandar…

Todos os malos momentos vividos fixeron de Lúa unha cadela moi tímida aos descoñecidos, tanto que se te achegas ao seu canil, só poderás vela de raspallón, xa que se irá correndo a esconder dentro da súa habitación para así evitar ser vista. Aínda así, Lúa é unha cadela moi agarimosa con quen coñece, unha zalamera que che lea todo o tempo para que lle deas chuches e lle rasques a cabeciña. Unha compañeira inseparable dos seus amigos cos que comparte paseos polo monte.

Lúa necesita unha persoa con tempo e paciencia, que saiba darlle todo o agarimo e confianza que necesita para poder romper esa coraza.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si