Description

Esta pequena que vedes na foto chegou hai xa algún tempo ao noso refuxio, despois de vivir na rúa unha longa tempada. Pero o peor do seu abandono é que estaba practicamente cega por mor dunhas enormes cataratas que lle impedían ver con normalidade. Non foi fácil facerse con ela, Maíz chegou aterrada, non deixaba que nos achegásemos a ela, e o pano que cubrían os seus ollos tampouco nos axudaba nada.

Aos poucos meses conseguimos manexala con menos dificultade, e un especialista operouna da vista. Por fin podía mirar ao mundo con ollos novos. E así foi como esta pequena recuperou a visión, pero non a confianza nas persoas.

A pesar de que estivemos traballando moito estes meses por mellorar a súa socialización, a día de hoxe Maíz aínda non está preparada para partir a un fogar. Vive no refuxio rodeada do que máis lle gusta no mundo, os cans, cos que xoga, salta, comparte cama, caricias… por agora é feliz neste mini mundo, pero esperamos que moi pronto poida dar o seguinte paso, o que lle leve a unha casa de verdade.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si