Description

Este can tan simpático chámase Quin e non pode ser máis guapísimo e adorable. Chegou ao refuxio tras o falecemento do seu propietario, quedando abandonado un longo tempo nunha leira.

Quin é de tamaño pequeno e moi novo, de primeiras non é un can que se lance a pedir mimos cando non coñece, é necesario gañarse a súa confianza, e por iso vai manter unha distancia de seguridade ata que saiba que as túas intencións cara a el son boas. Unha vez ganado (é altamente sobornable cunhas boas chuches) é o can máis pegañento que che poidas atopar.

Pero se hai algo que lle guste no mundo a Quin é xogar, podería pasarse horas correndo detrás dunha pelota.

Quin non é bo para persoas con présa, necesita saír ao mundo amodo e gañar seguridade, pero unha vez ese período de adaptación pase, estamos seguras de que será o compañeiro máis faldeiro do mundo, co que non poderás parar de rir.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si