O pasado sábado, 6 de abril, participamos un ano máis na celebración do V día da mascota do Colexio Internacional Eirís en A Coruña, celebración estupendamente organizada polo alumnado de 2º de bacharelato internacional que disfrutamos moito. Durante toda a mañá, os alumnos puideron levar ás súas mascotas para que participaran e tamén se instalaron varios stand, entre os que estivo o noso de APADAN.
Tamén tivemos charlas moi interesantes acerca da alimentación natural para cans e estiveron os chicos de Cococan que nos donaron o obtido cunha rifa dos produtos que realizaron.
Acompañáronnos dous apadanos adorables: Once e Tea, que recibiron moita atención, moitos mimos, e o pasaron xenial
Queremos darlles un millón de grazas aos organizadores e participantes. Ogallá estos alumnos podan conseguir co seu exemplo un mundo mellor para os nosos animais. ¡Grazas!