O xoves, 28 de setembro, o artista Xan Ramos (@xanxan.art) inaugura unha exposición de pinturas no bar Troppo (C/San Frascisco, nº 4, A Coruña) a favor de APADAN. A exposición mostra datos relacionados co abandono de cans en España, promovendo o feito de adoptar fronte a compra, e ademáis ten carácter solidario, xa que toas aquelas persoas que a visiten poden donar comida, correas, collares, material hixiénico-sanitario, etc. para o mantemento dos cans acollidos no noso refuxio.

A inauguración será ás 20 horas e todas aquelas persoas que asistan e donen algún material para a protectora, entrarán nun sorteo dunha táboa de skate firmada polo coñecido skater Danny León. 

Desde APADAN queremos agradecer enormemente a todas as personas implicadas na organización desta exposición, e ¡moi especialmente a Xan por pensar nos nosos cans e axudarnos a axudarlles!