No mes de febreiro a Plataforma NAC (Non á Caza) convoca, un ano máis, unha manifestación a nivel estatal en contra da caza en todas as súas modalidades, e ten como obxectivo principal, acabar coa caza con galgos e outras razas. Estas razas son especialmente castigadas polo “tempo de vida útil” que teñen, e as formas de acabar cos individuos que xa non queren son especialmente crueis.

Criadores ilegais e cazadores manteñen realas enteiras en bunkers, zulos, covas e instalacións de difícil acceso ou pouco transitadas, o que lles converte en seres invisibles, excluídos de calquera consideración estatística. Esta actividade clandestina, pero dabondo coñecida, é posible grazas ao concepto de ferramenta que a sociedade, sobre todo en ámbitos rurais, posúe dos chamados lebreles.

Como en ano anteriores, APADAN sumouse á devandita iniciativa, á que vos queremos animar a participar. Aquí deixamos as manifestacións convocadas o domingo, 5 de febreiro, ás 12 horas, nas diferentes cidades galegas:

– A Coruña. Obelisco.
– Santiago de Compostela. Praza Vermella.
– Vigo. Rúa Vía Norte con Rúa Urzaiz.

Fronte aos malos tratos animais, actúa, denuncia, difunde.
Non mires para outro lado, ti podes salvalos. Marca a diferenza.