O pasado mércores, 21 de febreiro, visitamos o IES Manuel Murguía de Arteixo para presentar o labor de APADAN no centro. A nosa compañeira Inma achegouse ao instituto coa súa axudante preferida, a pequena Nana, que resultou ser a compañía perfecta para estas actividades de divulgación, encántalle ser o centro de atención entre o alumnado de todos os centros educativos que visitamos! :-)

Os mozos e mozas achegáronse así ao traballo que desenvolvemos como protectora, e tamén coñeceron de primeira man un caso de real, o de Nana, que hoxe vive felizmente adoptada con Inma.

Para complementar a actividade, esta semana un grupo de voluntarios montarán un mercadillo solitario no centro, co fin de recadar fondos para os nosos refuxiados. Desde APADAN só temos palabras de agradecemento a todo o profesorado do instituto, e moi especialmente, ao seu alumnado, polo entusiasmo e a boa acollida que cada ano nos regalan.